www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 21 de Xuño de 2018

Teresa París "Os casos de violencia de xénero mantéñense estables, pero hai algúns moi graves"
Sociedade • 9/03/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A concelleira de Muller e Igualdade prefire non dar datos concretos "porque o prioritario é garantir a confidencialidade e a súa protección" pero sí recoñece que en Redondela danse casos de violencia de xénero "algún moi graves" que obrigan a traballar intensamente con outras administracións e cos servizos de seguridade.


Ese é tan só un dos aspectos nos que traballa o Centro de Información ás Mulleres, con dous focos principais, a prevención cando se detecta que hai algunha muller susceptible de padecer violencia e a busca de recursos e orientación cando xa hai unha vítima que está sufrindo esa violencia por parte da súa parella ou ex parella.


A prevención está coordinada pola psicóloga do CIM e serve para traballar coas mulleres e as familias nas que se detecta que hai un risco potencial de que se produzan casos de violencia de xénero, moitas veces derivados directamente de servizos sociais.


Tamén hai en marcha un programa orientado a mulleres que son xa vítimas e que buscan alternativas habitacionais, xestión de recursos e outras medidas que permitan a esas mulleres refacer a súa vida afastadas dos seus maltratadores.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: