www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 19 de Decembro de 2018

O Arealonga F.S. apura a recta final da liga para engancharse aos postos de cabeza
Deporte • 8/03/2016
Autor: Ana Prieto

Logo de encadear dúas vitorias consecutivas, os de Chapela ocupan a sexta praza da Liga Galega Sur, empatados co quinto clasificado, A Quinta de Tui. O sábado reciben ao Verín, unha final para os redondeláns que queren sumar de tres en tres para volver á cabeza da táboa.


Nas dúas últimas xornadas o Arealonga puxo fin a unha racha negativa de resultados, marcados polas baixas de xogadores importantes para o equipo. O presidente e xogador, Iván Vázquez, sinala que unha vez "reestruturado" o cadro volveron ser "competitivos". Proba diso son as dúas vitorias consecutivas sobre Abetos e Mondariz. Agora o obxectivo é continuar "na mesma senda", traballando ben nos adestramentos para escalar posicións nesta recta final da liga. Quedan por diante oito xornadas, moitas delas con enfrontamentos directos entre os equipos da metade alta da táboa, e o obxectivo do Arealonga é rematar "o máis arriba posible". O próxima rival será o Verín, décimo na táboa. Os de Chapela son favoritos pero Vázquez non se fía, xa que malia que os ourensáns teñen o "hándicap"dun longo desprazamento, son un equipo "novo e moi rápido". A cita será o sábado ás 18.30 horas no pavillón municipal de Chapela, e o Arealonga confía en contar co apoio da súa afección para sumar os tres puntos en xogo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: