www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 27 de Maio de 2018

O Castro Chapela perde o liderado
Deporte • 7/03/2016
Autor: Ana Prieto

O empate co Novás leva aos de Fran Teixeira á segunda praza do grupo, aínda que empatados a puntos co novo líder, o Xiria. A SAR Plastic Omnium tamén perde posicións logo da derrota co Lalín. No balonmán feminino o Rodosa Chapela cae a postos perigosos logo da derrota co Lanzarote.


Primeira Nacional


Castro Chapela 26-26 Acanor Novás


Reparto de puntos no partido da xornada entre as Construcións Castro Chapela e o Acanor Novás. Foi un partido moi igualado onde ambos os equipos deixaron escapar varias veces a vitoria. O equipo local chegou a dispor de tres goles de vantaxe e o Acanor Novás a falta de dous minutos gañaba de dous. A próxima xornada xogan na pista do Granitos, da parte baixa da táboa.


SAR Plastic Omnium 19-25 Lalín


Os pupilos de Carlos Rey buscaba dar a sorpresa no pavillón novo de Redondela, pero o Embutidos Lalinenses non lle deu opcións. Ao descanso o equipo visitante xa gañaba de seis goles (8-14). Na segunda parte a Sar Plastic Omnium chegou a recortar a vantaxe ata os tres goles pero, pero pouco a pouco foron afastándose outra vez no marcador. O sábado xogarán na pista do Poio, pechacancelas do grupo, que aínda non sumou ningún punto nesta liga.


División de Honra Prata Feminina



SAR Rodavigo- tivo xornada de descanso. A próxima fin de semana recibe ao Carballal, cuarto na táboa.


Rodosa Chapela 21-31 Lanzarote


As canarias mostráronse superiores en Chapela, e levaron os tres puntos, deixando nunha situación complicada ao equipo redondelán, penúltimo clasificado. A próxima xornada visitan ademais a pista dun equipo moi forte, o Xixón, terceiras do campionato.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: