www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 16 de Outubro de 2018

Un convenio coa Filomena Rivero permitirá a organización de actividades formativas e culturais
Cultura • 7/03/2016
Autor: M. X. Queimaliños

O Concello de Redondela ven de asinar un convenio de colaboración coa Fundación Filomena Rivero para a realización de actividades de tempo libre coma marchas ou campamentos. Mediante este convenio a Fundación tamén organizará no Concello cursos, conferencias, exposicións e levará a cabo actividades formativas, educativas, culturais ou sociais dirixidas a todos os públicos aínda que especialmente centrarase nos máis novos que non conten con recursos económicos para a súa promoción persoal.


O convenio está xa en vigor e prolongarase ata finais do presente ano. A Fundación realizará un desembolso de 1.200 euros para sufragar os gastos necesarios para o desenvolvemento destas actividades.


"A Fundación Filomena Rivero Alonso xa leva tempo colaborando co Concello na área cultural e educativa con resultados moi satisfactorios. Agora esta colaboración materalízase nun convenio de colaboración que esperamos ir repetindo e incrementando cada ano" asegurou o alcalde, Javier Bas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: