www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 16 de Outubro de 2018

Carlos Alvarez logra un compromiso de Vitrasa para garantir a accesibilidade aos seus autobuses
Sociedade • 4/03/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A protesta do alumnado do instituto de Chapela en apoio a un dos seus compañeiros, o vigués Carlos Alvarez da Silva, logrou unha resposta satisfactoria. Logo de que a comunidade educativa se concentrase ante un autobús de Vitrasa e fixera pública a súa queixa polos continuos problemas deste mozo á hora de acceder aos autobuses en cadeira de rodas, o responsable da concesionaria do transporte recoñeceu os fallos cometidos e comprometeuse co estudante a que non volverá ter problemas no futuro.


A protesta naceu do propio afectado quen arroupado polos seus compañeiros do Instituto de Chapela denunciou publicamente as longas esperas que tiña que soportar na parada de autobús para poder acceder a un vehículo que contara cunha rampla de acceso operativa e que lle permitise desprazarse no transporte público. Unha recollida de sinaturas en Change.org e unha denuncia a través dos medios de comunicación así como unha concentración na parada do autobús fixeron reaccionar á empresa. Onte o seu responsable, Juan Carlos Villarino achegouse á parada que usa Carlos Alvarez en Chapela a comprometeuse a que se traballará para solucionar os problemas denunciados. Neste sentido o vindeiro luns reunirase co afectado e con representantes de Cogami para estudar de que forma se pode mellorar o servizo ás persoas con discapacidade.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: