www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 13 de Decembro de 2018

Redondela recupera a senda da creación de emprego
Sociedade • 3/03/2016
Autor: M. X. Queimaliños

O Nadal non foi un bo período para o emprego. Tanto no mes de decembro como no de xaneiro, o paro incrementouse en todos os concello que integran a nosa bisbarra. Unha situación que parece corrixirse neste último mes, con datos positivos en canto a creación de emprego e menos persoas inscritas nas listas do antigo INEM.


Redondela experimentou no último mes unha notable baixada no número de inscritos nas listas do paro. Un total de 55 foron as que se deron de baixa sendo actualmente un total de 2.428 as que se atopan desempregas. Unha boa nova, tendo en conta que o mal arranque do ano que nos deixaba un incremento en todos os concellos e todos os sectores.


Unha redución no número de desempregados que atopamos tamén en Soutomaior, con 780 persoas paradas, 32 menos que no mes anterior. Fornelos e pazos experimentan a mesma tendencias. En Fornelos o número de parados reduciuse en 15 persoas, sendo actualmente 208, mentres que para Pazos de Borbén o mes de febreiro supuxo 19 persoas menos inscritas nas listas do paro, que manteñen a 409 persoas en demanda dun emprego.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: