www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 18 de Setembro de 2018

A SAR Plastic Omnium busca frear a mala racha de resultados ante o Lalín
Deporte • 1/03/2016
Autor: Ana Prieto

Logo de sufrir unha derrota ante o Magope nos últimos segundos, os pupilos de Carlos Rey asumen o reto de buscar un resultado positivo ante o Embutidos Lalinenses. Confían no apoio da súa afección no pavillón novo de Redondela, e pelan á sorte que lles fallou en Coia.


Regresaron do partido ante o Seis de Nadal coa sensación non de ter perdido un empate, senón unha vitoria, xa que os redondeláns puxéronse por diante na recta final do partido. E nos últimos segundos chegou o empate a logo o gol da vitoria para o Magope. Con todo, o adestrador amósase satisfeito co rendemento do equipo, resentido polas baixas, pero que afronta cada partido "con traballo e ilusión", malia que non os está a acompañar a sorte, xa que levan encaixadas varias derrotas en partidos "moi axustados" que se decidiron nos últimos segundos. E o sábado non o van a ter fácil, xa que visita o pavillón novo de Redondela o Embutidos Lalinenses, actualmente na cuarta praza do grupo. Para Rey son un dos equipos "máis completos e equilibrados da competición", pero confía na calidade dos seus pupilos. Lembra que a Lalín a piques estiveron de dar a sorpresa no partido de ida, e agarda que neste de volta na casa a balanza poida inclinarse do lado da SAR. O encontro disputarase o sábado ás 18.30 horas no pavillón novo. Á mesma hora xoga en Chapela o Construcións Castro, que recibe a outro rival de nivel, o At. Novás, terceiro do grupo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: