www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 18 de Outubro de 2018

Alumnos e profesores do Instituto de Chapela demandan un Vitrasa accesible para Carlos
Sociedade • 1/03/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A comunidade educativa do instituto de Chapela amosou onte o seu apoio a un alumno deste centro, Carlos Alvarez da Silva, veciño de Vigo e alumno de integración social que precisa dunha cadeira de rodas eléctrica para se desprazar debido a que padece parálise cerebral e unha discapacidade do 78%. O mozo, de 33 anos de idade, denuncia que os autobuses ou ben carecen da rampla adaptada que lle permita o acceso ao transporte público ou o dispositivo non funciona.


Estudantes e docentes do Instituto de Chapela protagonizaron onte unha protesta en apoio a un compañeiro do centro, Carlos Alvarez, quen precisa dunha cadeira de rodas para se desprazar pero non conta cun servizo de autobuses que lle permita o acceso ao trasporte público. "A empresa de autobuses urbanos de Vigo, Vitrasa, está cobrando unha subvención polo mantemento dunhas ramplas que no 95% dos buses non funcionan o que provoca que este mozo teña que saír de casa cunha marxe de dúas horas así como abandonar antes as clases por medo a que os autobuses que pasen non vaian contar con ese acceso".


Así o explican os seus propios compañeiros nunha campaña de recollida de sinaturas que teñen iniciado en Change.org baixo o lema "Vitrasa accesible para todos" e que xa ten acadado máis de mil apoios.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: