Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 15 de Agosto de 2018

Os empresarios poñen en marcha catro comisións para mellorar o comercio, a hostalaría e o turismo
Sociedade • 29/02/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A Asociación de empresarios está xa a pleno rendemento tan só 15 días despois de que botara a andar a súa nova xunta directiva baixo a presidencia do empresario da comunicación Enrique Lago Granada. Lograr unha maior unidade no sector e incrementar o número de afiliados, potenciar citas clásicas como a festa do choco, o entroido do verán ou a ruta do pincho, e potenciar o comercio e a hostalaría en Chapela son os obxectivos principais nos que están xa a traballar. Dan por perdido "o tren dos polígonos industriais" pero non renuncian a traballar co concello para reordenar as zonas industriais xa existentes.


A nova directiva da asociación de empresarios ten xa marcada a folla de ruta coa que van traballar nos vindeiros anos. O primeiro paso foi crear catro comisións de traballo nas que abordar os asuntos máis importantes nos que teñen competencia e que buscan "conseguir a unidade do sector, atraer a un maior número de afiliados e actuar de xeito conxunto para que todos saiamos favorecidos das medidas que poña en marcha a Asociación".


Neste sentido hai en marcha xa unha comisión doo comercio para consolidar o centro comercial aberto que xa funciona no casco urbano de Redondela e relanzar o sector hostaleiro con iniciativas que sirvan tamén para promocionar o turismo "queremos traballar en conxunto co Concello para promover citas xa clásicas como a festa do choco, o entroido do verán ou a ruta do pincho pero tamén poñer sobre a mesa novas iniciativas que resulten atractivas".


En canto ao sector industrial Lago Granada é consciente de que Redondela perdeu a oportunidade de crear un polígono industrial e estima que a materia pendente pasa agora por reordenar as áreas industriais existentes "a través do Plan Xeral".


Tamén está xa en marcha unha comisión propia en Chapela "queremos exportar o modelo de Centro Comercial Aberto a una parroquia que presenta un número elevado de comercios e locais de hostalaría pero tamén establecer relacións co casco urbano de Redondela ou con outros concello que permitan potenciar este sector en Chapela, o primordial é darlle unha maior proxección".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: