www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 16 de Outubro de 2018

Detido un veciño de Redondela nunha operación da policía nacional de Vigo contra a droga
Sucesos • 29/02/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Os axentes descubriron ao detido realizando unha venda de sustancias estupefacientes a outras persoas na contorna da Travesía de Vigo. Durante o cacheo localizaron escondidas entre as súas roupas 47 dose de cocaína, ademais dunha navalla e outros efectos, procedendo inmediatamente á súa interceptación e identificación. Impútaselle un delito contra a saúde pública.


Axentes da Policía Nacional detiveron a un home de corenta anos de idade, veciño de Redondela no marco dunha investigación que se iniciaba a mediados deste mes tras ter coñecemento da posible existencia dun punto negro de venda de drogas na contorna da Travesía de Vigo. Como resultado das investigacións realizadas, comprobouse que había unha importante trasfega de toxicómanos a diferentes horas da noite na rúa San José.


Sería á primeira hora desta pasada madrugada cando os axentes observan a tres persoas en actitude de espera, comprobando como aos poucos minutos chega ao lugar un individuo que se achega a eles. Inmediatamente todos inician a marcha cara ao nó de Isaac Peral onde tras realizar un rápido intercambio entre eles, cada un emprende a marcha por separado.


Nese instante os axentes abordaron ao vendedor e os compradores e procederon á súa identificación. Ao mesmo tempo os axentes realizaban un cacheo preventivo de seguridade e descubrían ocultas entre as roupas do vendedor un total de 47 dose de cocaína, cun valor no mercado ilícito próximo aos 1000 euros, así como unha navalla e outros efectos. Unha vez en Comisaría realizouse unha consulta das bases de datos e comprobouse que o detido tiña sete antecedentes policiais anteriores, sendo algún deles polos mesmos feitos que o descrito.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: