www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 16 de Outubro de 2018

As obras na rotonda do Mercadona obrigan a pechar o acceso a Cedeira durante dúas semanas
Sucesos • 29/02/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Complícase aínda máis o acceso a parroquia de Cedeira polas obras na nova rotonda que se está a construír na N-552. Os traballos, que se están a desenvolver dende hai meses, obrigarán aos condutores que queiran acceder a esta parroquia a desprazarse por vías alternativas. Así, a Concellería de tráfico establecerá diferentes itinerarios para os turismos. En maior medida veranse afectados os autobuses escolares que durante este período non poderán realizar este transporte, polo que serán substituídos por microbuses.


Informan tamén dende a Concellería que durante este período e durante os horarios de entrada e saída do colexio, entre as 8:30 e as 9:30 e de 13:30 a 14:30, establecerase un único sentido de circulación ascendente dende a nacional polo camiño de Negueiride (que ten o seu acceso fronte a farmacia da Portela) e en sentido descendente en dirección a Redondela os condutores deberán ir polas Cardosas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: