www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 14 de Novembro de 2018

O novo pavillón de Redondela chamarase Pavillón Municipal A Marisma
Política • 23/02/2016
Autor: M. X. Queimaliños

As novas instalacións deportivas de Redondela están xa a pleno rendemento con partidos e citas deportivas que se suceden practicamente a diario. Unha situación que fai necesario darlle  un nome oficial a este edificio que evite confusións cando se determina en que pavillón se van celebrar os partidos. Un nome que virá determinado polo espazo que ocupa e que xa viña sendo empregado de xeito extraoficial polos clubs: pavillón municipal A Marisma.


A denominación foi consensuada co resto dos grupos políticos e será aprobada no pleno ordinario que se celebra este xoves ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira e servirá para distinguir este pavillón "A Marisma" do pavillón municipal que habitualmente se denomina tamén "A Bomboneira".


No pleno do xoves abordaranse tamén outras cuestións como a aprobación inicial da ordenanza de prevención de situación de exclusión social e a revisión de prezos da xestión do servizo de recollida dos residuos sólidos urbanos e o seu transporte, tal e como así se recolle no contrato que administración local ten asinado coa empresa adxudicataria do servizo, Urbaser. A corporación acordará tamén o manifesto do consello da muller polo día 8 de marzo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: