www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 24 de Setembro de 2018

Enrique Lago Granada, novo presidente da Asociación de Empresarios
Sociedade • 17/02/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Titular da empresa Aveyro Comunicación e Imagen asentada na parroquia de Chapela, a candidatura que preside Enrique Lago foi a única que se presentou nun proceso que se abría o pasado día 8 logo de que o anterior presidente, o arquitecto Fernando Sampil, non acadase os apoios suficientes para renovar a Xunta Directiva e seguir así ao fronte da Asociación. A nova directiva conta con representación dos diferentes sectores que aglutina o colectivo empresarial: o sector industrial, comercial e hostaleiro.


Enrique Lago Granada presidirá o colectivo durante os vindeiros catro anos ao ser a única candidatura presentada unha vez rematado o prazo na xornada de onte.  A directiva está formada por José Manuel Barbosa do sector hostaleiro como vicepresidente; Rosa Mª Amoedo González, asesora financeira que asume as responsabilidades da tesourería e Sandra Bastos Míguez que será a secretaria. Completan a nova directiva representantes dos diferentes sectores tanto industrial, hostaleiro e comercial con representación específica da parroquia de Chapela.


Tócalle agora a Lago, xunto co resto dos membros da nova directiva, reformular o futuro da asociación logo de dous anos de transición tras a marcha de José Antonio Gómez, quen estivera ao fronte do colectivo durante doce anos e que se vira forzado a deixar o cargo a raíz do polémico proxecto de urbanización e construción dun centro comercial en Canabal.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: