www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 24 de Setembro de 2018

Entroido e teatro en Arcade
Cultura • 17/02/2016
Autor: M. X. Queimaliños

O Multiúsos de Arcade acolle este venres 19 de febreiro ás 20:00 horas a representación da obra "Los dos gemelos venecianos" coa compañía MDM Teatro. O desfile de comparsas desprazado do pasado sábado debido ás previsión meteorolóxicas celebrarase o domingo ás 17:00 horas.


A compañía de teatro MDM, presenta a súa décima montaxe en España, co seu particular estilo, proposto de maneira áxil e orixinal e cunha nova versión do pai da comedia italiana: Carlos Goldoni.


Xa o domingo 21 a partir das cinco da tarde terá lugar o desfile do entroido. Arrancará na Rúa Calvario para percorrer a continuación as rúas Xosé Solla, Rosalía de Castro e remate na Alameda de talo Río onde se celebrará unha festa de entroido que contará con música en directo. Unha actividade que debía terse celebrado o pasado 13 de febreiro e que foi posposta polo mal tempo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: