www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 13 de Novembro de 2019

Nova manifestación en Chapela contra a ampliación da AP-9
Institucional • 10/07/2009
Autor: M. X. Queimaliños

A asociación de afectados pola ampliación da autoestrada AP-9 ao seu paso pola parroquia de Chapela convoca estar tarde unha nova mobilizacións polas rúas da parroquia para mostrar o eu rexeitamento contra o proxecto de Fomento.


A protesta partirá ás 21:00 horas dende o Alto da Encarnación en dirección cara Vigo pola Avenida de Redondela. Unha vez no límite coa cidade olívica dará a volta para concentrarse no pavillón de Chapela.


Os veciños lembran así unha vez máis os prexuízos que a ampliación da autoestrada conlevaría nunha parroquia xa moi castigada polas infraestructuras e insisten en que incrementar a capacidades da vía non solucionará o problema de tráfico existente. Critican ademais o comportamento das administracións, tanto local, autonómica como estatal, ás que acusan de non informar aos veciños.


A pasada semana os veciños levaron a súa protesta a Santiago de Compostela onde protagonizaron unha concentración ante as portas de San Caetano.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: