www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

Núñez Feijoo visita hoxe a zona afectada polas inundacións
Sucesos • 16/02/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Está previsto que ás 16:30 horas o presidente da Xunta se desprace xunto con membros do goberno local a parroquia de Santo Estevo de Negros, lugar no que se producía un desprendemento de terras na madrugada do sábado. A estrada N-555 permaneceu parcialmente cortada ao tráfico ata a xornada de onte, cando acabaron as labores de limpeza. Dende a Concellería de medio Ambiente apuntan a un vertedoiro ilegal no monte como posible causa do suceso que afectou a varias casas e coches. E oco tamén para a crítica política, Podemos Redondela critica "o desamparo ao que están sometidos os veciños de Negros por parte do goberno local"


O responsable deste departamento Miguel Angel Alvarez Ballesteros explica que serán os técnicos quen determinen as causas do acontecido na madrugada do sábado. O esborralle dunha ladeira na N-555 en Santo Estevo de Negros arrastraba pedras, árbores e terra procedente do monte levábase por diante coches e muros que impactaron con varias vivendas do lugar. Nardo lago, veciño da zona relataba nos nosos micrófonos a alarma que o acontecido provocou entre os veciños e aventuraba posibles causas que explicarían o suceso.


Logo de visitar a zona tamén os técnicos e os responsables municipais buscan unha explicación a un suceso que non se podería achacar exclusivamente ao efecto das precipitacións. Neste sentido e edil de medio ambiente apuntaba a existencia dun vertedoiro ilegal "con acumulación de cascallos e restos durante os últimos 30 anos no monte" que acabou cedendo por efecto da acumulación da auga.


Con todo, insiste en que aínda están concretando as causas dunha inundacións que sorprenderon a todos tanto pola súa intensidade como polos lugares non que se produciron.


Na mañá de onte técnicos de Augas de Galicia visitaron a zona e percorreron o río maceiras para coñecer os motivos do seu desbordamento e intentar definir que tipo de actuación sería a máis axeitada para evitar que isto volva repetirse.


Por outra banda o concelleiro anunciou que dende a administración asesorarase aos afectados para que obteñan as indemnizacións que lles corresponden polos danos sufridos. Lembrou que o Consorcio de Compensacións será o encargado de asumir eses custes a todos aqueles comercios e veciños cuxas propiedades estiveran aseguradas.


Na tarde de hoxe ás 16,30 horas, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, visitará as zonas afectadas con inicio precisamente no punto no que se derrubaba a N-555.


Unha hora despois está previsto que Feijoo, acompañado polo conselleiro de Política Social, Jose Manuel Rey Varela, visite as instalacións de Aldeas Infantiles SOS de Galicia (rúa Aldeas Infantiles, 8, Vilar do Mato- Ventosela).


Críticas políticas


Membros de Podemos Redondela critican "o desamparo ao que están sometidos os veciños de Negros por parte do goberno local". Aseguran que as queixan dos veciños refírense a que non se está a traballar na parroquia cos medios necesarios para poder continuar coas súas actividades cotiás "necesítase quitar a terra dos camiños e para iso fan falla máquinas escavadoras e camións que retiren a terra, necesítase limpar de cascallos as zonas alagadas, necesítase técnicos que emitan unha valoración dos danos causados e necesítase un plan que contemple solucións para que a próxima vez que ocorra unha riada desta magnitude os seus efectos sexan os mínimos posibles", necesidades ás que aseguran non se está a dar resposta.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: