www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 19 de Xuño de 2019

"O segredo dos Hoffman" no Multiusos
Cultura • 5/03/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A compañía Lagarta lagarta achega a Redondela o seu último espectáculo, O segredo dos Hoffman, unha obra con sete nominacións aos premios María Casares entre os que se atopa o de mellor espectáculo teatral, mellor actriz protagonista e mellor dirección, que se poderá ver o sábado ás 20:00 horas


A historia está baseada nunha novela de Alejandro Palomas e xira en torno a un segredo oculto durante anos nunha familia que se reúne ao falecer á avoa Constanza. Un drama con toques de humor que levan sobre o escenario os actores Xosé Barato, Rebeca Montero, Ernesto Chao e Belén Constenla, quen por esta interpretación ven de ser nominada como mellor actriz protagonista aos premios María Casares.


Un texto coral con enorme carga emotiva que fai que o público se emocione ao longo da representación, segundo declaraba Constenla.


A obra poderá verse mañá sábado ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira dentro do programa da Concellería de Cultura "Teatrarte'2010". O prezo da entrada é de 4 euros para o público ne xeral, dous para xubilados e estudantes

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: