www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 16 de Outubro de 2018

As intensas chuvias desbordan ríos e provocan inundacións en Redondela
Sucesos • 12/02/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A zona do Salgueiral é a máis afectada polas fortes precipitacións das últimas horas. O Maceiras non puido soportar un canal de auga tan intenso e ao mediodía comezaron a notarse os efectos do desbordamento con estradas completamente anegadas e os baixos enchéndose de auga. O tramo final da rúa Ernestina Otero tivo que se cortada ao tráfico e os efectivos do servizo de emerxencias e policía local están a traballar no lugar para poder regular o paso de vehículos. O concelleiro de interior, Arturo González teme que a cousa poida ir a peor "xa que as previsión é que siga chovendo e a pleamar será ás 18:47 horas. Apunta que está a piques de desbordar tamén o Río Alvedosa, que xa desbordou o Pexegueiro nas proximidades do campo de futbol de Santa Mariña e que, tamén por efecto das chuvias, viñéronse abaixo noiros en diferentes puntos do Concello.


Unha situación que podería empeorar de cara a tarde xa que os prognósticos apuntan a que continuarán as chuvias nas vindeiras horas, situación á que viría sumarse a pleamar prevista para as 18:47 horas.


Maceiras, Alvedosa e Pexegueiro, os tres ríos que pasan polo centro da vila xa sufriron algúns desbordamentos e o seu nivel continúa subindo. A peor parte levárona os veciños da zona do Salgueiral onde o río Maceiras desbordou ao mediodía e inundáronse vivendas e baixos comerciais. Efectivos da policía local e Emerxencias desprazáronse ata o lugar para cortar o tráfico e desviar aos condutores por viais alternativos. Unha situación que podería repetirse no Alvedosa cuxa canle chega dende Reboreda ao límite e a piques tamén de desbordar na praza da Farola. O Pexegueiro tamén rebordou nas inmediacións do Campo de Fútbol de Santa Mariña. Ademais as rúas Pai Crespo e José Regojo tamén están a verse gravemente afectadas e os reponsables municipais decidiron proceder tmaen a cortar o tráfico nesta última estrada.


González asegura que os ríos están ao límite das súas capacidades e que a situación podería empeorar nas vindeiras horas "as canles dos ríos están limpos pero aínda así non poden asumir as elevadas precipitacións destes días". Apunta que os servizos de emerxencia están a traballar de cara a sinalizar, regular o tráfico e actuar nos casos nos que poidan servir de axuda pero lamenta que "ante o efecto da natureza pouco podemos facer".


A estas inundacións hai que engadir que numerosos noiros viñéronse abaixo, un deles na N-550 en Cesantes e outro na aoutoestrada AP-9 en Chapela.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: