www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 19 de Setembro de 2019

A Plataforma reclama maior compromiso da administración local no plan de transporte
Sociedade • 5/03/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Critican que o goberno local non estea disposto a investir 600.000 euros anuais para financiar a tarxeta gratuíta para os xubilados mentres se apoia a construción dunha autovía cuxo custe ascende a 280.000.000€


A Plataforma Cidadá aplaude a decisión do goberno local, adoptada no pleno do pasado mes de febreiro, de instar á Xunta que acelere a implantación do sistema de transportes metropolitano de Galicia na área de Vigo. Con todo, critican que esta asixencia se produza cando hai máis dun ano dende que se anunciara dende a concellería de economía un convenio coa Consellería de Política Territorial precisamente par pro en marcha o plan de transporte.


Critican tamén que dende o concello se renuncie á financiar a tarxeta de trasporte aos xubilados, que lles permitiría usar o autobús entre Redondela e Vigo de xeito gratuíto, argumentando que o seu custe anual, 600.000 euros, non o poderían asumir as arcas municipais "cando teñen en proxecto a construción dun "spa" en Chapela por valor de 5'6 millóns de euros".


Lembran tamén que dende o concello apóianse proxectos como o da Autovía A-59 cuxa execución custará "280.000.000€, 220 millóns de obra máis 60 de expropiacións cando cunha simple división, obtemos que todos eses cartos subvencionarían o transporte de Redondela durante os próximos 467 anos".


Por todo isto engaden dende a Plataforma que teñen "serias dúbidas sobre o verdadeiro interese do goberno municipal pola solución dos problemas reais dos veciños, e en particular os referentes ós problemas de mobilidade de colectivos como os xubilados". 

Comentarios
O pobo sempre ten a ultima palabra.
Venres 5 de Marzo de 2010 ás 18:14 horas
Por se non vos dades conta, o goberno local segue coas súas teimas da autovía, poligono, recheos, ponte de rande, etc e mentras tanto vai colgándose medallas con todo aquilo que diferentes colectivos do concello (radicais, antiprogreso, de dereitas segundo algún lider que se cre de esquedas do BNG de Redondela ) lles propuxeron durante os últimos anos como solucións aos verdadeiros problemas da nosa Redondela (incluídas as parroquias).

O pobo sempre ten a última palabra.

O matemático
Venres 5 de Marzo de 2010 ás 13:34 horas
Visto así.... cambio o conto!!!
[1-2]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: