Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

A Asociación de empresarios abre o prazo de presentación de candidaturas para substituír a Sampil
Sociedade • 8/02/2016
Autor: M. X. Queimaliños

O colectivo empresarial abre hoxe luns o prazo de presentación de candidaturas para constituír unha nova directiva. Un proceso que se precipitou unha vez que o anterior presidente, Fernando Sampil cesara no cargo logo de que na asemblea celebrada o pasado 20 de xaneiro non acadase os apoios suficientes para renovar a Xunta Directiva e seguir así ao fronte da Asociación. As eleccións están convocadas para o día 16 de febreiro.


Ábrese agora un período de presentación de candidaturas que rematará o vindeiro martes 16  coa celebracións das eleccións da que sairá a nova xunta directiva da Asociación de empresarios. Unha presidencia que non quedará vacante porque hai xa movementos entre os asociados para presentar un equipo que lidere unha nova etapa ao fronte do colectivo empresarial.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: