www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 19 de Xuño de 2019

O BNG acusa ao PP de amparar ilegalidades urbanísticas
Institucional • 4/03/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Dende o PSOE cualifican de inconsistentes as declaracións da voceira do PP nas que acusaba ao goberno local de permitir incumprimentos urbanísticos por non ter aprobado o PXOM


Os nacionalistas entenden que a decisión do PP de manter nas filas do seu grupo municipal a Herminda Quelle, rexente do local de hostalería que ven de ser paralizado polos servizos de urbanismo en Rande, ampara este tipo de infraccións e converten a Canal en cómplice dos feitos.


O voceiro do BNG, Carlos Pazos, é rotundo ao afirmar que é incompatible estar na corporación e cometer infracción urbanísticas. Entende que "a única saída posible é que a edil deixe a corporación e que o PP asuma que non se pode levar nas lista a xente que incumpre a normativa municipal".


Acusan a Canal de botar balóns fora responsabilizando da ilegalidade ao goberno por non ter aprobado o PXOM xa que é "como se responsabilizas á vítima dun roubo por terse deixado roubar".


No mesmo sentido se manifestaba o alcalde, Xaime Rei, quen puntualizaba que a non aprobación do Plan Xeral "non xustifica as irregularidades, as cometa unha concelleira do PP ou calquera outro veciño".


En canto á suposta mala fe dos servizos urbanísticos, Rei é contundente ao cualificar esas declaración de "tontería".


O tema está agora en mans dos servizos urbanísticos onde hai aberto un expediente en base ao cal se paralizou a obra de ampliación que se estaba a realizar no local de hostalería.

Comentarios
Venganza Pazos
Venres 12 de Marzo de 2010 ás 14:43 horas
Esto es una venganza por las denuncias del PP en PAZO(s) Pousadouro.
Un máis
Venres 5 de Marzo de 2010 ás 00:02 horas
Aí!! Campeones!!!
[1-2]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: