www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 22 de Setembro de 2018

Soutomaior traslada o entroido infantil ao Pavillón municipal
Cultura • 8/02/2016
Autor: M. X. Queimaliños

O Concello de Soutomaior inicia hoxe o seu programa do entroido e faino cun Festival infantil que malia estar programado na Alameda de Talo Río, os responsables municipais xa decidiron trasladar ao pavillón municipal ante o persistente mal tempo que nos está a acompañar. Non descartan de feito ter que suspender ou cambiar de data o desfile de comparsas que está programado para o sábado "todo dependerá de cómo evolucione o tempo" explica a concelleira de Cultura, Dolores Cernadas.


Os rapaces que se acheguen esta tarde ao pavillón de Soutomaior poderán participar de diversas actividades con casetas variadas nas que se impartirán obradoiros de globoflexia, xogos xigantes, máscaras e unha piñata xigante. Así mesmo haberá o espectáculo "o gran circo" e a animación itinerante Disney.


Instalarase ademais un Photocall especial entroido con material decorativo, cesta con accesorios divertidos para as fotos que se expoñerán posteriormente na páxina web do Concello de Soutomaior e onde ademais o público pode tomar tamén as súas fotos cos seus propios dispositivos.


A festa arrancará ás 16:30 horas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: