www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 27 de Maio de 2018

O BNG de Soutomaior denuncia que o PXOM prexudicará a centos de veciños
Política • 3/02/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Está previsto que este venres o PP aprobe en solitario a Plan Xeral de ordenación Municipal, un documento que segundo o goberno popular de Soutomaior beneficiará aos veciños ao contemplar entre outras cuestión o incremento poboacional que se prevé para a vindeira década, coa ampliación de diversas zonas residenciais, de servizos e de recreo cunha incremento dun 20% en zonas verdes respecto á superficie total dispoñible na actualidade. Con todo, dende o BNG ven neste documento urbanístico outros moitos aspectos negativos motivo polo que solicitan unha nova exposición pública do PXOM que facilite aos veciños facer novas alegación e coñecer en profundidade o documento.


Nese sentido, o voceiro do grupo municipal do BNG acusa ao goberno de Soutomaior de falta de seriedade e de enganar aos veciños por terse "saltado todo o proceso de participación veciñal na elaboración do PXOM". Manu Lourenzo asegura que "hai centos de veciños que están afectados, ben porque as súas alegacións foron desestimadas ou ben porque as importantísimas modificacións introducidas teñen novas consecuencias que descoñecen".


 Os nacionalistas lembraron que fronte o que di o goberno, só o 30% das alegacións foron aceptadas. Só 3 de cada 10. Un 20 % foron parcialmente aceptadas o que en moitos casos non resolve o problema e case un 50% foron desestimadas. Estamos falando de que hai máis de 300 alegacións afectadas e familias enteiras que por mor dos cambios introducidos teñen as súas parcelas afectadas e non o saben. Ninguén entende que Agustín Reguera pretenda aprobar este documento pola porta de atrás inmediatamente despois de facelo público. Se o PP fai isto os veciños estarán na máis absoluta indefensión e moitos perderán terreos de moito valor para sempre.


Dende o BNG solicitarán no pleno unha nova exposición pública do PXOM porque segundo din, de aprobarse tal e como está "sería un atropelo aos dereitos dos veciños e deixaría moitísimos prexudicados". Por ese motivo Manu Lourenzo dirixiuse aos veciños para que acudan o vindeiro venres ás 13.30 horas ao pleno.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: