www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 17 de Decembro de 2018

Demandan a posta en marcha dunha escola de lecer que imparta cursos e actividades formativas
Política • 2/02/2016
Autor: M. X. Queimaliños

O PSOE critica que dende o concello non se estea a dinamizar a vida social e cultural e aseguran que, tras a desaparición das escolas municipais "polas que pasaban centos de alumnos de todas as idades", a oferta organizada directamente dende a administración pública se reduce "a tan só dúas actividades xestionadas por servizos sociais, cursos de alfabetización e autoestima". Critican tamén que os Multiusos de Redondela e Chapela "estean claramente infrautilizados".


Para o Grupo Municipal socialista as actividades motivadas dende a administración pública local supuxeron unha grande ferramenta dinamizadora da nosa vila ao longo do tempo. Sen embargo, na actualidade, redúncense a tan só dúas as actividades que xestionadas por servizos sociais, alfabetización e autoestima, desenvolve directamente o concello durante o ano. "So fai falta dar unha volta polo Multiusos de Redondela para decatarse do infraempregado que están hoxe en día estas instalacións polas que pasaban centos de alumnos de todas as idades. O goberno municipal popular foi quitando actividades como: pintura, fotografía, inglés, alemán, coiro, teatro, guitarra..." explica a socialista Anabel Rey.


Engade Rey que "a falta de interese e deixadez do Goberno Municipal popular é tal que non existe actividade para ningunha franxa de idade e, sobre todo, carécese de alternativas para a xente nova". Por esta razón, os socialistas propoñen a posta en marcha dunha Escola Municipal de Lecer que empece en setembro e remate en xuño onde todas as idades teñan diferentes ofertas de cursos xestionados polo concello.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: