Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 16 de Agosto de 2018

O V plan de emprego inclúe prácticas en 11 empresas
Política • 1/02/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Os asistentes aos cursos integrados no Plan de emprego do Concello de Redondela poden completar a súa formación con prácticas en empresas coas que o Concello  asinou 11  convenios, como Cortefiel, Asientos de Galicia S.A., FullSport, Rogomovil ou Plastic Omnium Componentes S.L. Despois destas practicas as empresas seleccionan para a súa contratación  de forma temporal a desempregados que recibiron esta formación.


O V plan de emprego do Concello de Redondela tivo este ano máis de 800 horas de formación en cursos  de Informática Básica, Informática Avanzada, Busca activa de Emprego, manipulador de alimentos, Carretilleiro, Prevención de Riscos Laborais, mozo de almacén, atención o Cliente, Prl ciclo de construcción e demolición e cursos preparatorios para acceso a probas libres obtención ESA, e preparatorio acceso a ciclo superior.


Trátase do quinto plan de emprego que se está a levar a cabo no noso concello e que este ano completouse cun Obradoiro de Emprego e un obradoiro de Emprego Xoven.


A Concelleira de Emprego, Carmen Amoedo destaca "o esforzo que o noso Concello fai en materia de emprego para reorientar os desempregados de larga duración cunha formación axeitada para que teñan a oportunidade de atopar un emprego".


Tamén por primeira vez se leva acabo un obradoiro para mozos que permite traballar directamente cun segmento "ao que tratamos de darlles unha formación que lles serva para reorientar a súa vida laboral".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: