www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 25 de Xuño de 2018

Cedeira, escola de canteiros
Sociedade • 28/01/2016
Autor: Ana Prieto

Unha ducia de alumnos do obradoiro de emprego traballan na rehabilitación da antiga escola de Cedeira, ao tempo que reciben formación. A experinecia está a ser moi positiva para os participantes, que só lamentan a escasa duración do programa, que é de seis meses.


O obradoiro de emprego que organiza a Consellería de Emprego conta con 12 alumnos, que se están a formar como canteiros "ao tempo que rehabilitan a antiga escola de Cedeira par ao seu uso público", como explicaba a concelleira Carmen Amoedo. Parados de longa duración, seis homes e seis mulleres, levan dese agosto traballando na recuperación deste inmoble baixo as ordes de Juan Vázquez, o seu monitor. Logo de retirar todo o escombro e maleza do edificio en ruínas, apuntalaron a estrutura e levantaron os muros. Vázquez amósase "moi satisfeito" cos seus alumnos, que están a facer un gran traballo, pero lamenta "a escasa duración do obradoiro", de tan só seis meses. Entende que para dar unha formación completa aos alumnos, e que logo poidan dedicarse profesionalmente ao oficio de canteiros, deberían prolongarse "cando menos un ano". O delegado da Xunta, Ignacio Lóez-Chaves, que visitou esta mañá o obradoiro, comprometeuse a transmitir ao goberno galego esta demanda, xa que o obxectivo último destes obradoiros é "a inserción laboral dos alumnos". O 9 de febreiro remata o obradoiro, e a obra de rehabilitación aínda non está completa, polo que o Concello estudará a fórmula para rematar os traballos e que a antiga escola poida ser de uso público. O alcalde, Javier Bas, baralla a posibilidade de facer un segundo obradoiro. Os alumnos que participan nos traballos cobran un salario mentres reciben formación, á vez que realizan as obras de albanelaría e cantería precisas para a rehabilitación do edificio. O obradoiro conta cun investimento de 230.000 euros por parte da Xunta.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: