Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Agosto de 2018

A obra de Maurice Sendak protagonista da exposición "O libro ilustrado: imaxes que contan"
Cultura • 28/01/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A Fundación Filomena Rivero Alonso xunto coa Biblioteca Municipal Valle-Inclán de Redondela, a fin de promover o hábito da lectura, inauguran o vindeiro venres 29 de xaneiro, coincidindo coa véspera do Día da Ilustración, a mostra bibliográfica "O libro ilustrado: imaxes que contan". Poderá visitarse no Multiúsos ata o 30 de marzo.


Esta exposición que se prolongará durante todo o 2016, xira ao redor dalgúns dos grandes nomes do mundo da ilustración, complementándose cunha serie de actividades paralelas como contacontos ou obradoiros.


A obra de Maurice Sendak, autor, entre outras, do clásico "Onde viven os monstros", abrirá a mostra desde o 29 de xaneiro e permanecerá no Multiusos ata o 30 de marzo.



A mostra contará en vindeiras datas con ilustradores tan recoñecidos como Edward Gorey, cuxos macabros e retorcidos debuxos de sinxelos trazos serviron de inspiración a grandes figura do cine como Tim Burtom, Jean de Brunhoff autor da Historia de Babar el elefantito ou o británico Arthur Rackham entre cuxos traballos máis coñecidos atopamos os Contos dos irmáns Grimm, Peter Pan ou mesmo Alicia en el país de las maravillas.



 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: