www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

Xuventude pon en marcha un plan de dinamización para atraer aos máis novos
Política • 27/01/2016
Autor: M. X. Queimaliños

O responsable de xuventude, Julio Mougán recoñece que este departamento leva demasiado tempo parado o que "nos deixa un amplo marxe de mellora". Asegura que o desexo do goberno local é darlle un pulo a esta concellería polo que "non se escatimarán recursos nesta nova etapa" co obxecto de dinamizar e poñer en marcha políticas atractivas para os máis novos.


Máis aló de actuacións concretas e puntuais, como os campamentos de verán ou a convocatoria do premio de Relatos curtos Os Viadutos, o departamento de Xuventude non está a funcionar como debería. Así o entende o novo concelleiro Julio  Mougán quen ven de anunciar a posta en marcha dun ambicioso plan de actuación que busca conectar cos intereses dos máis de 4.000 mozos que residen no noso concello. O obxectivo é claro, involucralos e mobilizalos así como facelos partícipes da vida social e cultural do noso concello.


Un plan que arrancará cunha diagnose da situación, unha avaliación que se desenvolverá durante dous ou tres meses e que servirá tamén para achegarse aos mozos e coñecer os seus intereses "queremos que sexan eles os que marquen o camiño polo que debe ir a Concellería e fuxir de actividades que non lograr espertar o seu interese".


Malia que aínda non é tempo de presentar unha programación si hai diferentes actuacións contempladas de cara o futuro como por exemplo encontros de tribos urbanas ou promover tendencias como o skate park, tamén poñer en marcha unha escola de teatro e outras moitas propostas de carácter transversal "involucrando ao resto de departamentos do concello" que atraian aos mozos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: