www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 14 de Decembro de 2019

Canal desbota pedir a dimisión dunha edil do seu grupo por irregularidades urbanísticas
Sociedade • 3/03/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Insiste en que os únicos responsables das ilegalidades que se producen no ámbito urbanístico en Redondela son os socios de goberno de PSOE e BNG "por non velar polo correcto funcionamento das actuacións que se producen no municipio" e por non aprobar o Plan Xeral que debe regular o urbanismo no concello.


A voceira do PP, Francisca Canal desbota pedir a dimisión da edil popular Herminda Quelle, polas irregularidades urbanísticas nas obras de ampliación do local de hostalaría que rexenta en Rande.


Canal rexeita que se ataque ao seu grupo municipal por unha actuación particular de un dos seus concelleiros cando ademais a edil implicada, "mostrou en todo momento a súa disponibilidade a adaptar o seu negocio aos dictados dos servizos urbanísticos".


Respecto das críticas do BNG quen acusaban ao PP de ser cómplices por "agochar as obras ilegais dos compoñentes do seu grupo" Canal responde que non foi o Partido Popular quen outorgou a licencia e insinúa unha posible mala fe na actuación dos servizos urbanísticos "que permiten que se faga unha obra para logo saír na prensa".

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: