www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

A exposición de Telmo Bernárdez permanecerá no Multiúsos de Chapela ata finais de febreiro
Cultura • 27/01/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A exposición monográfica sobre Telmo Bernárdez Santomé (Redondela, 1885-1936), ilustre médico e político republicano designado como "Persoeiro do ano 2015" pódese visitar ata o vindeiro 29 de febreiro no Multiúsos do Piñeiral en Chapela.


A mostra reúne obxectos persoais de Bernárdez, entre os que se atopan as cartas que escribiu dende o cárcere a súa familia logo de coñecer a súa sentencia de morte, o telegrama do seu fusilamento ou a orde de embargo da súa casa así como outra documentación oficial da época. Tamén integran esta exposición fotografías, retratos e recortes de prensa sobre a súa persoa. A exposición chega a Chapela logo de permanecer durante semanas no Multiúsos da Xunqueira. Poderá visitarse ata o 29 de febreiro.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: