www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 25 de Maio de 2018

Tanxarina imparte un obradoiro de monicreques de luva para adultos
Cultura • 26/01/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellaría de Cultura abre o prazo para inscribirse no obradoiro de monicreques de luva que se desenvolverá os venres 5, 12, 19 e 26 de febreiro, e 4 de marzo, na Casa da Cultura de Redondela. En total 20 horas que se impartirán en cinco venres consecutivos en horario de 20:30 a 22:30 h.


Nas sesións que conforman o obradoiro farase unha pequena introdución histórica ás diferentes técnicas de manipulación, e trataranse diferentes recursos e materiais como o modelado da cabeza en barro ou plastilina, aplicacións de cartón, o deseño e a montaxe das mans, estucado, pintado, vestiario, a ensamblaxe e o remate, e as distintas posibilidades de animación e manipulación.


A participación é de balde e está dirixida a persoas adultas, que se poderán inscribir a través do correo electrónico cultura@redondela.es, ou no teléfono 986 400 106, ata o día 2 de febreiro de 2016. A listaxe de participantes elaborarase por rigorosa orde de inscrición.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: