www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 25 de Setembro de 2018

Redondela e Campito sofren fóra da casa
Deporte • 25/01/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Dous equipos que militan na autonómica sur de fútbol sala e que nesta fin de semana sufriron senllas derrotas na súa visita a campo contrario. O Campito caía ante o Verín por 5-3 e o Redondela perdía o seu encontro ante o Lume Bamboo por 3-2, nun encontro disputado no pavillón do CUVI.


Unha derrota a do Campito que lle custa o liderato. O seu resultado ante o Verín fai que o Cereixa o adiante nun punto e o releve ao fronte da clasificación. O vindeiro sábado o equipo de Chapela, que actualmente é segundo, non debería fallar xa que xoga na casa e ademais recibe ao pechacancelas do grupo, o Leis Marcón. Pola súa banda, o outro equipo de Chapela que milita nesta categoría, O Arealonga, logo de descansar esta fin de semana xogará na vindeira xornada no campo do penúltimo, o Baíña.


O Redondela, que caía ante o lume Bamboo sitúase na decimo segunda posición e recibirá o próximo sábado no pavillón novo ao terceiro, o Tui Futsal.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: