Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Agosto de 2018

Podio para os deportistas do Meigarco no Campionato de España
Deporte • 21/01/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Eugenio Casal, Brian Alvarez e Alfredo Amoedo veñen de acadar excelentes resultados no Campionato de España de tiro con arco celebrado na pasada fin de semana na localidade asturiana de Langreo. A Concellería de deportes recoñecía onte o labor destes deportistas así como do club que malia defender un deporte minoritario está a colaborar activamente en todo tipo de actividades de promoción do deporte sobre todo entre os máis novos.


Os arqueiros do club Meigarco demostraron esta fin de semana o elevado nivel que ten o tiro con arco na vila de Redondela logrando situar a tres dos seus deportistas no máis alto do podio.  Eugenio Casal Rodas fíxose coa medalla de prata na modalidade de arco tradicional longbow masculino, mentres que en arco instintivo, especialidade na que se traballas con frechas de carbono, Brian Álvarez fíxose co subcampionato e Alfredo Amoedo logrou o terceiro posto.


Unas medallas que serven para recoñecer o traballo individual de cada un destes deportistas pero tamén para dar a coñecer e atraer a un maior número de afeccionados a un deporte minoritario na nosa bisbarra.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: