www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 22 de Outubro de 2018

Alternativa veciñal por Pazos critica que o concello perda cartos "pola mala xestión do goberno"
Política • 20/01/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Poñen como exemplo da falta de xestión do goberno local que non se teñan acollido ás subvencións que a Xunta concede para a renovación da iluminación pública "malia ser este servizo o que representa un dos gastos correntes máis grandes do concello" e que non se realicen campañas de promoción de reciclaxe "tendo en conta que canto mellor se recicle máis se abaratará o que o concello paga polos residuos que van parar aos contenedor verde". Neste sentido ven de aprobarse, a proposta de Alternativa Veciñal, unha moción para mellorar a reciclaxe e promover a compostaxe doméstica.


O concello ten que pagar por cada tonelada de lixo procedente do contedor verde e ingresa diñeiro por cada tonelada que se recicla procedente do contedor amarelo. Canto máis e mellor se recicle, polo tanto, mellor para o medio ambiente e mellor para a economía municipal. Con todo, segundo explican dende Alternativa Veciñal por Pazos, este concello é un dos que peores cifras presentan en comparación con outros municipios próximos e similares en canto a tamaño e carácter rural. Ante a falta de iniciativas por parte do goberno local para mellorar estes datos, Alternativa Veciñal presentou unha moción demandando que se adopten medidas para mellorar o servizo de recollida de lixo. Aprobáronse levar a cabo unha campaña explicativa sobre a reciclaxe ou promover a compostaxe doméstica.


Por outra banda, esta formación critica o mal estado no que se atopa a rede de alumeado público, con numerosos puntos de luz rotos, en mal estado e obsoletos. Un servizo que representa un dos gastos correntes máis grandes do concello malia o cal o goberno non solicitou as subvencións concedidas pola Xunta de Galicia para a renovación da iluminación pública e que permitiría substituír as instalacións por outras máis modernas e de menor consumo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: