www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 19 de Xuño de 2019

O PP responsabiliza ao goberno local da ilegalidade urbanística dunha edil popular en Rande
Institucional • 2/03/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Entenden os populares que son PSOE e BNG os que deben velar polo cumprimento da normativa en urbanismo e que, polo tanto, é o goberno local o responsable da ilegalidade cometida nas obras de ampliación do local de hostalería que rexenta a concelleira popular Herminda Quelle


As obras de ampliación no local que a concelleira popular Herminda Quelle rexenta en Rande, foron paralizadas polo departamento de urbanismo por non axustarse á licencia que lle fora concedida. Agora o futuro da obra está pendente da resolución dun expediente polas presuntas irregularidades.


A ilegalidade da obra tomara relevancia a raíz dunha denuncia do BNG quen a inicios do mes de febreiro criticaba publicamente que o local de hostalería situado ao pé da estrada N-552 de Redondela-Vigo á altura de Rande realizara unha ampliación consistente na construcción dun novo andar no inmoble sen contar coa licencia pertinente.


Dende o bloque recalcaban que dito local é propiedade dunha concelleira da agrupación municipal do PP motivo polo que entenden a "ilegalidade" aínda é máis grave xa que "cómpre que os responsábeis políticos dean exemplo".


Ante esta situación chegaron incluso a solicitar a dimisión da concelleira e acusaron ao PP de "agochar as obras ilegais da compoñente do seu Grupo Municipal, converténdose, se non esixe a súa renuncia como concelleira, en cómplice das mesmas".


Os populares pola súa banda argumentan que os únicos responsable das irregularidades cometidas no municipio son responsabilidade de "PSOE e o BNG, partidos que se atopan ao fronte do Goberno local e que deben velar polo correcto funcionamento das actuacións en materia urbanística".


Contraatacan os populares lembrando que "ata o de agora, os únicos imputados, dentro da corporación municipal, son o alcalde Xaime Rei e o concelleiro de Urbanismo Emilio González Iglesias".

Comentarios
Carlos del Palacio
Venres 12 de Marzo de 2010 ás 14:41 horas
Esto es una venganza por las denuncias del PP, en relación a la urbanización de los terrenos de Pousadouro. Ojo por ojo! silencio por silencio! Favor, por favor!
Ilegal
Mércores 3 de Marzo de 2010 ás 11:14 horas
Cómo poden ter a cara de botarlle a culpa o goberno local..non xustifico para nada este goberno..pero botarlle a cupa disto...se a señorita concelleira do PP fixo unha ilegalidade..e foi cazada..pois xa sabe...dimisión!!! e non botarlle a culpa ao goberno...
El acusador
Mércores 3 de Marzo de 2010 ás 10:51 horas
É tan culpable quen tira a pedra como quen deixa que a tiren impunemente. Aquí non se salva ni Dios!!!
[1-3]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: