Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Agosto de 2018

Fornelos celebra o San Amaro con dúas xornadas de festa
Cultura • 15/01/2016
Autor: M. X. Queimaliños

O programa inclúe actividades musicais e infantís así como os tradicionais actos relixiosos e  arranca hoxe venres cunha verbena nocturna. O sábado a programación inclúe un completo programa orientado aos nenos con obradoiros a cargo de Xoeira e o espectáculo Peor imposible a cargo do pallaso Peter Punk. A actuación do grupo Malandra na noite de mañá pechará as festas deste ano.


A comisión de festas decidiu ampliar as actividades a dúas xornadas para contar cunha maior afluencia de público. A programación comeza hoxe, o día propio de San Amaro, cunha misa solemne ás 12.30 horas, para despois dar paso a unha exhibición de gaiteiros para amenizar a sesión vermut. Pola noite, a verbena estará amenizada pola orquestra Miramar, que presentará o seu novo espectáculo, e tamén polo trío 3.com.


A xornada de mañá arrincará cuns pasacalles a cargo da banda de gaitas Catro Ventos, coa tradicional procesión e o encontro da Virxe das Neves e o patrón San Amaro ás 12.00 horas na Cruz do Sarmagal, para despois dar comezo ás 12.30 horas a misa solemne. Despois da eucaristía, a banda de gaitas exhibirá con baile e música para amenizar a sesión vermut.


Os máis pequenos tamén terán o seu espazo na festa con diferentes actividades que se desenvolverán baixo unha carpa para evitar as inclemencias meteorolóxicas. Os nenos poderán gozar, a partir das 16.00 horas, de distintos talleres de globoflexia e maquillaxe a cargo da Asociación Xoeira, xogos populares e o espectáculo "Peor imposible" a cargo do pallaso Peter Punk.


As festas concluirán ás 22.30 horas cun concerto do grupo Malandra.


San Amaro é ou santo ao que rezan as persoas que padecen enfermidades reumáticas e conta con numerosos devotos tanto non concello de Fornelos como na comarca que ateigan a Igrexa ao longo do día para pedir ao santo protección fronte ao reuma.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: