www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 19 de Xuño de 2019

O Marzo muller arranca cun curso de formación sobre Muller e imaxe
Institucional • 2/03/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellería de Igualdade desenvolverá ao longo do mes dúas mesas redondas sobre o emprego e a política, proxectarán un paquete temático con curtametraxes relacionadas co tema da muller e pecharán o mes cun concerto o día 26.

 


Dentro da programación da Concellería de igualdade para este Marzo Muller está xa en marcha un curso de formación baixo o título "Muller e imaxe" que se desenvolverá dende o vindeiro día 8 os luns, mércores e venres de 19:00 a 21:00 horas no Multiusos da Xunqueira. O obxectivo desta formación é analizar e reflexionar sobre o tratamento das imaxes das mulleres nos diferentes ámbitos, medios e épocas históricas, así como diferenciar os distintos estereotipos de xénero que xorden e nos son transmitidos ligados ás imaxes das mulleres na sociedade.


Dende a Concellería convídase a participar nesta e no resto das actividades previstas para os vindeiros días, cunha concentración o día 8 ás doce do mediodía na porta da casa consistorial.


Tamén se está a traballar na celebración de dúas mesas redonda. Na primeira participarán sindicalistas da contorna para abordar o tema da muller no ámbito laboral en tempos de crise , mentres que no segundo dos encontros convocarase a políticas da corporación para que analicen as dificultades de dedicarse a este ámbito da vida social.


As actividades concluirán o día 26 cu n concerto no Multiusos.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: