www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 13 de Novembro de 2019

O Chapela loitará este fin de semana por manter o liderado na Liga Autonómica de Traiñeiras na Pobra do Caramiñal e en Rianxo.
Deporte • 9/07/2009
Autor: Lorena Otero

A primeira regata que terán que superar será a "IV Bandeira Concello da Pobra do Caramiñal" o sábado a partir das 17.30 horas e a segunda será a "VI Bandeira Concello de Riaxo que se disputará o domingo ás 11.30 horas.


O clube de Remo de Chapela chega como favorito á "IV Bandeira Concello da Pobra do Caramiñal e a “VI Bandeira Concello de Rianxo”, dúas novas probas da Liga Galega de Traiñeiras que se van celebrar este sábado e domingo. Despois de catro regatas en Muros, Ares, Cangas e Boiro os remeiros redondeláns son líderes da clasificación con 51 puntos seguidos polo Clube de Remo Cabo da Cruz, que conta con dous puntos menos, o Náutico de Vigo a tres puntos dos de Chapela e o Mecos que ocupa a cuarta posición da Liga Autonómica con 42 puntos.

A primeira das probas será este sábado, 11 de xullo, no porto comercial da Pobra do Caramiñal onde se vai disputar a partir das 17.30 horas a cuarta bandeira deste concello. Unha hora e media antes, as 16.00 horas celebrarase unha xuntanza de delegados. A proba disputarase a seis largos con cinco cambios de sentido, o que permitirá que os espectadores teñan unha maior visibilidade e poidan seguir toda a regata.

Ao día seguinte, o domingo 12, a competición trasládase ata Rianxo, onde se vai celebrara a partir das 11.30 horas a sexta Bandeira deste concello. Ao igual que o día anterior previamente haberá unha reunión dos delegados ás 10.30 horas.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: