Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

A SAR Rodavigo comeza a segunda volta a un paso de lograr o soño da permanencia
Deporte • 12/01/2016
Autor: Ana Prieto

Chegaron á División de Honra Prata case por sorpresa, pero unha vez rematada a primeira volta ninguén dubida de que o fixeron para quedar. Xogar nesta categoría era para o club "un agasallo", pero as xogadoras están a superar todas as expectativas e teñen a salvación moi preto.


O seu adestrador, Elisardo González "Chini", recoñece que adaptarse a unha categoría tan esixente "foi complicado", pero agora amósase "moi satisfeito" do gran nivel acadado polo equipo. No ecuador da competición suman dez puntos e ocupan a sexta praza da táboa, a tan só dous puntos de equipos veteranos como o Seis de Nadal. A categoría feminina volve á competición esta fin de semana coa xornada 13, logo do descanso de Nadal. A SAR debería facelo en Lanzarote, ante o Puerto del Carmen, pero a Federación permitiulles aprazar o partido e xogalo na semana da xornada 15, cando se enfrontan ao Zonzamas, tamén de Lanzarote. Deste xeito pospoñen a viaxe para o día 27, e na mesma semana disputarán os dous encontros. Isto permítelles aforrar unha viaxe a Canarias, optimizar o tempo e aclimatarse mellor á temperatura da illa. Esta fin de semana polo tanto teñen descanso, e preparan xa o encontro da seguinte xornada, será o día 23 en Redondela ante o BM. Xixón, un dos equipos fortes do campionato, na terceira praza. Con todo, "Chini" pensa nas opcións das súas xogadoras. No partido de ida case dan a sorpresa en terras asturianas, e ademais na bomboneira contarán co apoio dos seus seareiros, que cada vez son máis.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: