www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 15 de Outubro de 2018

Aberto o prazo para inscribirse no desfile de comparsas de Soutomaior
Sociedade • 12/01/2016
Autor: M. X. Queimaliños

O desfile de comparsas terá lugar o sábado 13 de febreiro con saída ás cinco da tarde da Rúa Calvario e percorrido polo casco urbano de Arcade ata a Alameda Talo Río, lugar no que se celebrará unha festa de entroido que contará con música en directo. Os interesados en participar no desfile deberán facer a súa inscrición antes do mércores 10 de febreiro no Concello da localidade.


As comparsas participantes deberán gardar unha unidade temática tanto no seu vestiario como na súa actuación. Non se considerarán como comparsas con dereito á inscrición e participación aquelas que repitan o seu disfrace de anos anteriores. O número máximo de comparsas participantes no desfile é de 15 que se elixirán por rigoroso orde de solicitude de inscrición no rexistro xeral do Concello .  Os grupos participantes no desfile deberán ter un mínimo de 30 compoñentes.


O desfile partirá da Rúa Calvario ás cinco da tarde do día 13 de febreiro para percorrer a continuación as rúa Xosé Solla, Rosalía de Castro e remate na Alameda Talo Río onde haberá unha festa de entroido.


A inscrición farase nas Oficinas do Concello de Soutomaior , a través do fax (986705333) , en horario de 9:00 h a 14:00 h. ata o día 10 de febreiro. As axudas pola participación no desfile oscilarán entre os 400 euros para aquelas comparsas que superen os 40 integrantes e os 100 euros que recibirán as agrupacións de entre 30 e 40 euros que non leven nin carroza nin megafonía propias. No caso de contar con estes elementos recibirán 300 euros.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: