www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 24 de Xuño de 2018

Teatro para todos os públicos en Chapela
Cultura • 8/01/2016
Autor: Ana Prieto

Este sábado ás 18 horas arrinca o IV Ciclo de Teatro da Asociación Cultural de Chapela. A compañía "Expresión Teatro" será a encargada de inaugurar esta edición poñendo en escena "Limpa" unha divertida obra para público infantil e familiar dirixida por Manuel Solla.


O sábado 16 de Xaneiro ás 20:00 horas, continua este ciclo coa obra, "Breve-Mente", tamén para todos os públicos, a cargo da compañía "Agarimo Teatro"baixo a dirección de José Mejuto. O día 23 de xaneiro, tamén ás 20:00 a compañía teatral "Fonte da Tella", de Soutomaior, chega a Chapela coa obra "Miña naiciña", unha divertida comedia para todos os públicos dirixida por Salvador Álvarez. E para poñer punto e final a esta cuarta edición do certame teatral o día 30 de xaneiro o grupo de teatro da Asociación Cultura de Chapela " MisturArt Teatro", dirixido por Chusa Couñago, presentará "Armouse o Tole Tole" divertida obra para público adulto. Todas as obras deste ciclo poñeranse en escena no auditorio do Multiusos do Piñeiral do Crego de Chapela con entrada de balde ata completar o aforo. A organización venderá rifas ao prezo dun euros coas que sorteará un agasallo.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: