www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 24 de Setembro de 2018

A previsión de chuvia obriga a cancelar o desfile de Rondallas e Ranchos de Reis en Redondela
Sociedade • 5/01/2016
Autor: Ana Prieto

En previsión das condicións meteorolóxicas previstas para mañá mércores, festividade de Reis, o Concello decidiu cancelar o desfile de Rondallas e Ranchos de Reis. O desfile realizarase noutra data pendente de confirmar. En canto á Cabalgata de Reis prevista para esta tarde, o Concello decidirá este mediodía se se celebra ou non.


Moi pendentes do prognóstico meteorolóxico están en o Concello de Redondela, para decidir se se cancela ou non a Cabalgata Real. Farase publica a decisión a través da páxina web e no Facebook oficial do Concello. De todos os xeitos confírmase a realización da Recepción Real das súas Maxestades os Reis no Concello, onde recibirán a todos os nenos para atender as súas peticións e entregarlles caramelos. Vaise a instalar una carpa diante do Concello para que os nenos poidan esperar para a Recepción Real acompañados da Coca Simona e un grupo de animadores que estarán acompañados da personaxe televisiva Bob Esponxa.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: