www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 25 de Maio de 2018

As cancións do libro "Brinca Vai!" soben ao escenario este domingo
Cultura • 31/12/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O músico Paco Nogueiras presentarán o espectáculo musical "Brinca Vai" no Multiusos da Xunqueira o vindeiro domingo ás 18:00 horas, dentro das actividades organizadas polo servizo de Normalización Lingüística para arrancar o ano. Trátase dunha actividade dirixida a público infantil e familiar baseada nas cancións do libro-disco "Brinca Vai!", publicado por Kalandraka, no que Paco Nogueiras interpreta cancións baseadas en temas como a natureza, os xogos tradicionais, ou as festas como o magosto e o Nadal.


o domingo día 3 será o momento de gozar de música infantil en galego da man de Paco Nogueiras, que presenta o seu traballo Brinca Vai, 12 cancións para os 12 meses do ano, todas elas compostas e interpretadas por Paco Nogueiras nun amplo abano de estilos musicais: techno, rock, folc, reggae ou música electrónica.


O espectáculo mostra o contido musical o libro-disco publicado por Kalandraka do mesmo nome, con ilustracións de David Pintor.


A función será ás 18:00 h no Auditorio da Xunqueira, con entrada única a 3 €.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: