www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 19 de Xuño de 2019

Iñaki Errazkin diseca ao Rei Juan Carlos de Borbón
Cultura • 1/03/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O Multiusos da Xunqueira acolle esta tarde unha conferencia a cargo do xornalista quen presentará ás 20:30 horas o seu libro Hasta la coronilla (Autopsia de los Borbones) no que se fai un percorrido pola historia de Los Borbones prestando especial atención ao actual monarca. O acto está organizado polo Colectivo Republicano


A charla xirará en torno á última publicación de Errazkin, un libro titulado Hasta la coronilla (Autopsia de los Borbones), editado por Txalaparta. A obra fala do actual Rei de España, Juan Carlos de Borbón y Borbón remontándose aos seus antepasados pero tamén á actualidade do monarca con referencia aos seus descendentes, amantes, amigos, inimigos, negocios...


Unha conferencia que organiza o Colectivo Republicano de Redondela e que se desenvolverá ás 20:30 horas con entrada de balde no Multiusos.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: