www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 24 de Xuño de 2018

O Arealonga F.S despide o ano co obxectivo de manter os bos resultados na segunda volta
Deporte • 29/12/2015
Autor: Lorena Otero

 

O conxunto chapelán chegaba ás vacacións de Nadal cuarto do grupo e cun partido menos disputado no seu primeiro ano na Liga Galega Sur. Unha estrea que valoran moi positivamente e que agardan manter no que resta de liga. A próxima cita será fronte ao Bar Praza/ garcíaaraujo.com, situado na metade da categoría.


 


Iván Vázquez, presidente e xogador do Arealonga F.S amósase satisfeito co traballo feito na primeira volta da competición e valora positivamente a estrea do conxunto na Liga Galega Sur. Un bo traballo, di, que se reflicte nos resultados. Son cuartos con 24 puntos e un partido menos disputado.


Terán un regreso á competición intenso xa que na xornada 8-9 enfrontaranse ao Bar Praza/garcíaaraujo.com, noveno do grupo pero como recoñecía Vázquez un rival complicado que ten facilidade de gol e tentará levarse unha vitoria de Chapela. A segunda das citas será o día 16 de xaneiro que terán que medirse co Cereixa Gonzomar F.S., un dos grupos fortes da tempada, que rematou a primeira parte da competición como segundo, por baixo do Campito.


Vázquez recoñece que este Nadal terán pouco descanso pero si tempo para recuperarse das lesións e chegar na mellor forma posible á primeira xornada. Despide o ano pedíndolle ao 2016 moitos goles e rematar tempada na mellor posición posible.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: