www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 25 de Maio de 2018

O novo pavillón da Marisma abre as súas portas co festival deportivo e solidario do grupo Casa Paco
Deporte • 23/12/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Unha cita deportiva con encontros entre os distintos equipos do Grupo Casa Paco pero tamén solidaria, xa que haberá recollida de alimentos, tapóns e xoguetes a favor de diferentes colectivos e asociacións. Unha cita que non se perderán xogadores redondeláns que iniciaron a súa andaina no grupo Cas Paco e que lograron facer carreira profesional en diferentes equipos de ámbito estatal e internacional como Iago Bouzón, Mateo, Caloi, Yerai ou Pablo Couñago. A cita hoxe mércores a partir das 16:00 horas.


A novo pavillón de Redondela acolle hoxe mércores a partir das 16:00 horas e ata as 20:00 horas a tradicional Festa de Nadal do Grupo Casa Paco. A principal actividade ser´na os encontros entre os distintos equipos do grupo que compiten este ano na Federación galega de Fútbol Sala (dous minis, dous prebenxamíns e un benxamín).


Haberá tamén un torneo de precisión e durante toda a tarde recolleranse alimentos a favor de Cáritas, tapóns para a Asociación Andaina e xoguetes para Juan Rodríguez Montoya.


Espera ademais a visita de xogadores redondeláns como Iago Bouzón, Mateo, Caloi, Yeray e Pablo Couñago a un evento que quere servir tamén de homenaxe a todas as nais do grupo que desinteresadamente colaboran para o bo funcionamento do club.


Un novo pavillón que malia albergar diferentes citas deportivas vivirá a súa xornada de inauguración oficial o sábado 2 de xaneiro,xornada na que se desenvolverán numerosas actividades deportivas, pola mañá coas categorías inferiores dos clubs de Redondela e pola tarde cun torneo triangular senior de balonmán feminino, no que participará a SAR e o Balomán Chapela, equipos que competen na División de Prata Feminina. A elas sumarase un invitado de luxo, o Balonmán Porriño, un dos dous representantes galegos na División de Honra de Balonmán Feminino.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: