www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

Espectáculo para toda a familia con "A primeira viaxe" de Xarope Tulú
Cultura • 22/12/2015
Autor: Ana Prieto

A miña primeira viaxe, da compañía Xarope Talú, é o título do espectáculo que esta tarde poderá verse no Auditorio da Xunqueira. Está dirixido a nenos de entre 2 e 12 anos, e para o público familiar en xeral. A cita é ás 18.00 horas, e entradas teñen unn prezo de 2 € para público infantil, e 4 € para adultos.


O espectáculo é unha adaptación do libro-álbum do mesmo título escrito por Paloma Sánchez Ibarzábal. Esta peza teatral narra a historia do comezo da vida humana, cun bebé que viaxa dentro dunha cápsula por un universo descoñecido sen saber que é nin a onde vai. Atenea García, da compañía Xarope Tulú, explica que se trata dunha historia de transformación "e de busca da propia identidade", na que tanto os nenos como os adultos se sorprenden e emocionan. A escenografía e a música en directo, a cargo de Nicolás Zamorano, farán as delicias de grandes e pequenos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: