www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 20 de Outubro de 2018

O Campito despide o ano como líder da categoría
Deporte • 21/12/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A competición na autonómica sur do Futbol sala galego despídese ata o vindeiro 9 de xaneiro e faino cun equipo de Chapela como líder do grupo. O Campito FS lograba este sábado no pavillón de parroquia unha avultada vitoria ante o Abetos Gondomar. Un partido que remataba co resultado de 9-2 e que permite ascender ao equipo ao primeiro posto da categoría. O Redondela mantense nos postos baixos da táboa logo de perder por 2-5 ante o Leis marcos. Non xogou o Arealonga, logo de aprazarse o partido que os ía enfrontar ao Gondomar.


O Campito ascende ao liderato logo de vencer o partido disputado o pasado sábado en Chapela. 9-2 foi o resultado ante o Abetos Gondomar nun partido no que os de Redondela foron claramente superiores. Pero lle foron as cousas unha vez máis ao Redondela FS que segue nos postos baixos do grupo logo de perder un encontro a priori doado. Xogaban an casa e facíano co pechacancelas do grupo, o Leis Marcón, pero aínda así os de Juan Nogueira non foron quen de facerse coa vitoria nun partido que rematou co resultado de 2-5.


O Arealonga tiña previsto mediar as súas forzas con outros do equipos fortes da categoría, o Cereixa Gondomar, un encontro que foi aprazado.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: