Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Agosto de 2018

A Federación de Veciños critica ao PP por beneficiar ás "asociacións amigas" nos consellos parroquiais
Política • 18/12/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Denuncian que dende o goberno local estase a elaborar unilateralmente un novo regulamento dos consellos parroquiais encamiñado a "limitar a representación veciñal" na vez de acatar acordos aprobados en pleno hai ano e medio. Entenden que a postura do PP responde ao seu interese "por castigar a aquelas asociacións que non somos correa de transmisión de ningún partido e que nos dedicamos exclusivamente a exercer o noso dereito a reivindicar as necesidade dos veciños de cada parroquia".


O presidente da Xunta xestora da Federación de veciños, Victor Manuel Fuentes asegura que están a limitar a participacións nestes consellos das asociacións máis belixerantes co obxectivo de converter estes órganos nunha "ferramenta de control social". Neste sentido denuncia que a moción aprobada o 27 de marzo de 2014 establecía entre outras cuestións un proceso de modificación "aberto a toda a cidadanía, precedido dunhas xornadas de debate e a creación dunha comisión paritaria que supervisara dito proceso". Aseguran que ningún deses acordos se está a cumprir e que pola contra dende o goberno local iniciouse un proceso de modificación unilateral. De feito "a nova proposta non foi comunicada a esta Federación, nin foi convidada a participar no proceso a pesar de ser o único colectivo social que ata o de agora amosou interese público en modificar o regulamento".


Por ese motivo anuncian que non participarán nun proceso de modificación "dirixido polo PP e no que se busca unha interpretación retorcida do que é unha asociación de veciños ou veciñal co único obxecto de introducir asociacións que non defenden os intereses xerais dos veciños". O obxectivo sería ao entender de Fuentes "homoxeneizar os consellos parroquiais limitando a representación veciñal e dando cabida principalmente a aqueles colectivos que están en mans de membros do PP".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: