www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 23 de Maio de 2018

AER solicita a convocatoria do Consello do Medio Mariño para tratar o Anteproxecto de Acuicultura
Política • 17/12/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A formación política reclama que se convoque de xeito urxente unha xuntanza para constituír o Consello de medio mariño tal e como así se comprometera o Concelleiro deste departamento o pasado 22 de outubro. Entende ademais que é preciso abordar nese consello o anteproxecto de lei de acuicultura publicado pola Xunta e que provocou o rexeitamento de todo o sector. Lembran que esta lei vai afectar directamente ao noso concello.


AER lembra que a mediados de outubro foron convocados a unha xuntanza polo concelleiro de Feiras e Mercados, Eventos e Medio Mariño co obxecto de abordar a constitución do consello sectorial do medio mariño.


Nesta xuntanza quedouse en falar con diversos colectivos ( mariscadoras, mexilloeiros, confraría, plataforma en defensa da enseada...) e convocar novamente outra reunión no prazo de 15 días.


Case dous meses despois e ante a falta de noticias ao respecto solicitan que se convoque de forma urxente esta xuntanza para constituír este consello. Solicitan que se inclúa no orde do día o anteproxecto de lei de acuicultura da Xunta para tratar de forma inmediata este anteproxecto "que provocou o rexeitamento de todo o sector do mar, que vai afectar directamente á veciñanza do noso concello e que vai supoñer unha ameaza para a continuidade da explotación do mar dun xeito tradicional ao darlle entrada ás grandes empresas de acuicultura".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: